| 
  XERIóN LYRICS
 
  
  "Nocturnal Misantropia" (2007)
  1. Akelarre 2. Nocturnal Misantropia 3. Na traza esotérica do ar invisible 4. Aqueles que nos deixan atrás 5. No pazo derruido da existencia 6. No val do silencio
 
 
 
 
 
 
  1. Akelarre
  Espíritos do bosque
 Nesta enmeigada noite
 Do frío outono dos recordos
 Escoitade os nosos cantos
 Que se elevan coma o fume
 Do lume que crepita
 Que a vosa protección nos envolva
 Coma a néboa á temesiña ialba
 
 
 
  2. Nocturnal Misantropia
  A noite cae coa cega infamia
 Dos que se cren a sí mesmos inmortais
 Ruíns vermes arrastrándose no fango
 Que asolaga e abafa a miña gorxa
 Inútiles recordos de tempos pasados
 Paraíso perdido de pálidas caras
 Que co morto sorrir dos que enganan
 Atenúan a miña paixón por vivir
 Misantropía gravada co sangue da inocencia na lápida que enterra os soños...
 O pánico do que dorme quedo
 Na negra noite, gris presenza
 Que con ollos fríos me vixían
 Fanme gritar no silencio infinito
 Na néboa nocturna de insomnio provocado 
 Pola inerte man de quen corta o fío 
 Enmarañadas vivencias do neno xa morto
 Misanthropía gravada co sangue da inocencia na lápida que enterra os soños...
 
 
 
  3. Na traza esotérica do ar invisible
  Baixo arcos revirados da anterga sabiduría que no silencio de séculos escuros nos acollen con branca vontade na traza esotérica do ar invisible
 Tralas pedras que agochan os segredos
 Da néboa que cobre os camiños
 De dor entoxicada de mentiras 
 Esmorece cansa a árbore da vida
 Fatal orballo de hipócritas linguas
 Que con unllas envelenadas rasgan a pálida pel da que profetiza o Destiño sen retorno ate o Descoñecido Acobillo Eterno
 No inmóbil asento de espiñas que se cravan no alento de quen na lúa ve o sagrado circulos concéntricos de mística saudade de quen espera o que ninguén posúe
 
 
 
  4. Aqueles que nos deixan atrás
  No espertar dunha vermella mañá
 De morte negra, negras novas 
 Pérdese no ar o tremor da compaña
 Estou só, ser Nada
 Sen recordos que me guíen quedo
 No hourizonte incerto da miña existencia trala lenta agonía de bágoas que se cravan, ser Eterno
 No valeiro ollar da morte
 Me consumo paseniñamente
 Sen o vello tempo que deteña
 A aqueles que nos deixan atrás
 
 
 
  5. No pazo derruido da existencia
  Tremo só no silencio
 Mentres caio polo abismo infinito
 Mentres ela, agora muda ante os meus ollos se dispón a levarme, a liberarme
 E o pasado, todo valeiro 
 Que insiste en recorda-lo paraíso 
 Pasa diante miña o que fun,
 Os que foron, os que non voltarán, sen Destiño
 E os frondosos bosques
 Que coa súa fragancia no recordo me levan lonxe murmuran entre eles, vermello outono que a vida sen paixón é un vano suplicio
 Mentres ollo o hourizonte recortado
 Pola fiestra de vidas separadas
 E repito os tristes cantos de vellos bardos que un home sen recordos non existe
 
 
 
  6. No val do silencio
  A través do camiño que nos leva en mutua soedade ollo as cicatrices do tempo gravadas na pedra sen mesura séculos de lendas perdidas no recordo daqueles que rexeitan o meigallo da noite
 Visión de incertos sinos, baixo o influxo do inverno que a feiticeira entao nas notas do inesquecible falar de vellas crenzas que alumean a miña ialma ateigada de atrancos dos que envexan sen acougo 
 No verde val descansa a sombra que me aflixe entre ríos de fría iauga que esmorecen na distancia na procura do silencio da dor dos esquecidos guiandos pola lúa que me acolle entre os seus brazos...
  
 | 
 |